Día 24 de xuño, sábado
Viaxe a Luarca.
Saída ás 8 horas.
Día 6 de xuño, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Xoan Carmona, profesor do departamento de Economía Aplicada da USC, "Os indianos e a cuestión económica e industrial na Galicia do XIX".
Día 6 de xuño, martes
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 17 de xuño, sábado, a Luarca e do 17 e 18 de xullo á Asturias indiana.
Dentro do ciclo dedicado ao Renacemento, do 14 ao 17 de maio viaxouse a Jaén para ver ás dúas cidades Patrimonio da Humanidade polo seu conxunto monumental renacentistas. O grupo de 33 viaxeiros aloxouse no Hotel Palacio de los Salcedo de Baeza.
A primeira parada foi en Villagarcía de Campos (Valladolid) onde se fixo unha visita guiada á Colegiata de San Luís, fundada por dona Magdalena de Ulloa, muller de Luis de Quijada, mordomo de Carlos V e encargado de educar ao seu fillo bastardo Juan de Austria, para que lle servise de panteón, e de colexio noviciado dos xesuítas, deseñada por Rodrigo Gil de Hontañón, con modificacións de Pedro de Tolosa e do xesuíta Giusseppe Valeriano. Ademais das diversas salas do museo, o máis importante é a igrexa e dentro dela, o retablo de alabastro deseñado por Juan de Herrera e a capela das Reliquias.
Despois de xantar en Arévalo fíxose un descanso en Tembleque, para admirar a súa singular "Plaza blanca de corrala", do século XVII, porticada e deseñada para espectáculos de touros e comedias. Está porticada con columnas toscanas e nos antepeitos dos corredores están decorados coa cruz da Orde de San Xoán.
Ao día seguinte fixemos unha visita guiada a Úbeda, comezando pola "Sinagoga del Agua" recen descuberta, un exemplo de conservación do patrimonio por un particular que a atopou ao facer un novo edificio.
O 12 de maio comezou o ciclo que LugoPatrimonio dedica aos Indianos, cunha conferencia introductoria que estivo a cargo da profesora de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela, Pilar Cagiao Vila.
Comezou dicindo que o fenómeno migratorio contemporáneo en Galicia con destino a América, tivo dúas fases. A primeira pasada a primeira metade do século XIX, cara a 1870, que remata coa gran depresión de 1929, e a segunda despois de 1946, rematada a segunda guerra mundial e a guerra civil española, rematando a fins dos anos sesenta na que se muda o destino para países europeos.
É a partir de 1853 cando por Real Orde se legaliza a emigración xa que na maioría das veces os nosos emigrantes saían de forma clandestina en veleiros de pequenos portos, como o de Ribadeo. É a partir de 1870 cando o fenómeno migratorio se converte en masivo. Aínda que as reclutas non foron frecuentes, agás do soado caso de Feijoo, sendo o habitual a saída espontánea.
Día 14, 15, 16 e 17 de maio
Viaxe a Úbeda e Baeza.
Saída ás 7 horas.
CICLO INDIANOS
Día 12 de maio, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Pilar Cagiao, profesora de Historia Moderna e de Ámerica da USC,
"A emigración galega a América. Os indianos".
Con motivo do ciclo dedicado ao Renacemento, o día 22 de abril viaxamos a Astorga para ver a catedral, que tanto na parte de arquitectura como na de escultura, contén elementos artísticos de este estilo. Os 18 viaxeiros escoitaron as explicacións da guía Patricia Arold, que comezou a disertación diante da Portada dos Bispos, onde se retratou o grupo. Despois pasaron á fachada principal, unha obra ecléctica onde se poden ver mesturados elementos renacentistas e barrocos.
Xa no interior, ademais de facer un percorrido por cada un dos retablos e o coro, a disertación máis importante foi ante o retablo maior, obxecto principal da visita, obra romanista de Gaspar Becerra.
A membro da directiva Julia Cantalapiedra completou as explicacións de Patricia Arold cunha lección maxistral sobre a formación de Gaspar Becerra, a estructura do retablo, o significado das representacións, derivadas de tres principios promovidos polo Concilio de Trento, exaltación da fe, da Eucaristía, e da Virxe María, así como tamén sobre as características primordiais do estilo romanista.
Tamén visitaron o Palacio Episcopal de Gauidi e despois de xantar o típico cocido maragato no restaurante La Peseta, visitaron o Museo Romano e fixeron a Rota Romana, visitando diversos xacementos arqueolóxicos da cidade.
Día 22 de abril, sábado
Viaxe a Astorga.
Saída ás 8 horas.
Visita Catedral, Palacio Episcopal. Museo Romano e Rota Romana.
O conferenciante sinalou que a actividade escultórica e retablística durante o s.XVI en Galicia foi moi importante a xuzgar polas abundantes referencias documentais que se conservan nos protocolos notariais. Entre os anos 1580 e 1610 sobrepásanse ampliamente o centenar de contratos, realizados preferentemente para o estamento relixioso, que se refiren case sempre a encargos de retablos e esculturas exentas.
Pese a istes datos tan alentadores a realidade é outra, dado que hoxe a inmensa mayoría deles desapareceron polo deterioro, as reformas litúrxicas post-Conciliares (moitos deles foron desmontados, conservándose só a imaxinería conservada polo propio pobo) e pola chegada dunha nova arquitectura, a Barroca.
Cronolóxicamente, dentro da evolución da escultura renacentista en Galicia p estableceu catro períodos: os de estirpe, aínda “goticista”; a escultura de marcado deseño “plateresco”; a tendencia “manierista” de finais do s.XVI, tamén chamada “Serliana”; e a etapa “Clasicista”, da cal temos máis exemplos conservados, e abrangue os anos 1590 e 1605.
Analizou varios exemplos de cada unha destas etapas no ámbito artístico galego, establecendo comparativas estéticas e formais. Sen deixar de lado aspectos, tan importantes, como son a morfoloxía: materiais (nogueira e castiñeiro), elementos técnicos escultóricos (estucado, dourado), as marcadas funcións litúrxicas-estéticas, xunto á aparición de novos nomes de mestres entalladores tanto foráneos coma galegos.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.